TEATRO CONSONANT

O día 22 de febreiro os nenos e nenas da clase dos GATOS e da clase dos CASTELOS foron ao teatro do FÓRUM METROPOLITANO a ver unha obra titulada CONSONANT.
CONSONANT é o libro favorito de Paula. Unha vez máis disponse a lelo pero a súa irmá Aina vaillo poñer realmente difícil porque o único que quere é xogar con ela. A través da lectura do libro e coa axuda da imaxinación, as irmás viaxan a un mundo fantástico onde as letras toman vida e se transforman para abrir as portas dun xogo sorprendente. Deixamos tamén un enlace no que podedes ver un anaco do que aconteceu no teatro.


 Gustounos moito o que vimos e os CABALEIROS e as DAMAS fixeron unhas acuarelas coas que esperamos que disfrutedes.


.

XOGA E APRENDE CON KIRIMA

A partires dun conto motivador no que a protagonista é a foca KIRIMA, faremos unha viaxe na que analizaremos diferentes aspectos: cambio climático, transporte e mobilidade sostida, árbores e consumo de papel, contaminación e consumo responsable, separación de residuos, hábitos saudables para o medio ambiente.
A foca KIRIMA busca solucións porque o seu hábitat está cambiando e a CLASE DAS FOCAS imos axudala.
Preme neste enlace para empezar a xogar. www.kirima.es/


NOVO ANIVERSARIO NA CLASE DAS FOCAS

Estamos de novo moi contentos e contentas na clase das FOCAS porque a nosa amiga LAURA xa cumpríu CATRO anos. NORABOA!!!

LIBRO DAS FOCAS

Os nenos e nenas da clase das focas están aprendendo moitas cousas destes animais tan divertidos e queren compartir cos nós todas as cousas que saben. A profe Mª CARMEN fixo un novo libro LIM destes animais, así que pasadeo moi ben.

LIBRO LIM DO CORPO HUMANO

Os amigos e amigas da clase dos Gatos están moi atarefados estudando o CORPO HUMANO. Xa saben moitísimas sousas deste tema. Queredes xogar un pouco con eles? Pois aquí tedes un novo libro LIM feito pola profe LUCÍA. Noraboa polo traballo e que pasedes un bo rato xogando.


O ENTROIDO NO SANJURJO

Aínda que un pouco tarde aquí tedes unha pequena mostra do que fixemos neste Entroido. Esperamos que disfrutedes moito con elas.

Click to play this Smilebox slideshow

E SEGUIMOS COS ANIVERSARIOS

Desta volta é a nosa amiga AMARA a que xa cumplíu 4 anos. Parabéns de todos os teus amigos e amigas.
Click to play this Smilebox invite