LIBRO LIM DO SOL

Xa estamos rematando o curso e os nenos e nenas da CLASE DAS FOCAS están co seu último proxecto deste curso no que están estudando O SOL.
Queredes xogar con nós a este novo LIBRO LIM que nos preparou a profe Mª Carmen?
Adiante e a pasalo moi ben.

LIBRO LIM XOGANDO COA CLASE DAS FOCAS

Os nenos e nenas da CLASE DAS FOCAS xa coñecen moi ben os seus nomes e xa  poden xogar con este novo LIBRO LIM dos seus nomes. Esperamos que disfrutedes con el.


LIBRO LIM HAI CASTELOS EN MOITOS SITIOS

Estamos de sorte porque na clase dos DINOSAUROS están estudando un novo proxecto titulado "OS CASTELOS" e a profe Mª JOSÉ elaborou un un novo libro LIM co que poderedes aprender moitas cousas.

Letras Galegas 2013

O grupo de 6º E.I. co gallo do Día das Letras Galegas 2013 cantáronnos unha canción adicada ao escritor Roberto Vidal Bolaño. A canción podédela escoitar de seguido no vídeo que vos mostramos:


A PRINCESA TRAVIESA. UN CONTO PARA DISFRUTAR.

Os nenos e nenas da CLASE DOS DINOSAUROS tamén investigaron sobre o tema dos CASTELOS e traballaron moito nas súas casas coas súas familias; fixeron castelos con materiais de refugallo, figuras de plastilina dun rei e a súa raíña, unha princesa, o cabaleiro, o bufón... Ata fixeron unha carroza e unha tarta con forma de castelo, QUE RICA ESTABA!!! Con todo isto imaxinaron unha historia que queren compartir con todos nós. Esperamos que vos divirtades con este contiño dunha princesa moi pero que moi traviesa.

UNHA ESTUPENDA CLASE DE EDUCACIÓN VIAL

Estes días estivo con nós na escola a nosa nova amiga SILVIA, policía local, que nos explicou moitas cousas de educación vial. Despois de ensinarnos uns videos e de explicarnos cal era o seu traballo e como tiñamos que facer para camiñar polas beirarrúas, como cruzar polos pasos de peóns e polos semáforos e moitas cousas máis saímos dar unha volta pola contorna da nosa escola que se encheu de moitísimos policías locais.
Mirade que ben o pasamos!!!.
Moitísimas grazas SILVIA e esperamos que volvas o próximo curso.

VISITA DOS ALFAREIROS

Un ano máis polo mes de maio volven ao noso colexio os alfareiros de BUÑO  a ensinarnos o seu oficio. Que ben o pasamos!!! Aquí tedes unha mostra do que fixemos. Esperamos que disfrutedes tanto coma o fixemos nós.

ANIVERSARIO DE ASIER

O noso amigo ASIER da clase das FOCAS xa cumplíu 4 ANOS e como podedes ver está moi ledo. Parabéns!!! Premede na flecha para ver o que ocorre.
Click to play this Smilebox invite