A CABAZA “CHUCHONA”


Esta é unha cabaza moi apropiada para facer nas nosas aulas ou nas nosas casas c@s nen@s de 3 anos porque non necesita que utilicemos o coitelo e ademáis está feita con chuches, algo que lles encanta aos nen@s.

Para confeccionala necesitaremos :
regalices negras, para facer o pelo.
dous ovos, que serán as orellas.
unha boca.
Un plátano que será o naris.
pauciños asadores.
alfinetes .
pincel.
cola branca.
E por suposto unha cabaza que non sexa moi grande pero que esté ben feita.

Coa axuda d@s nen@s imos colocando as chuches nos lugares que lles corresponden. Podemos repasar con eles as cores das chuches, cal é o lugar máis adecuado para colocar cada unha delas, como é o seu olor e a súa textura.... para que as chuches queden ben suxetas lles poñemos un alfinete.
Para facerlle o pelo “ pincho “ introducimos en cada regaliz un trozo de pauciño dos das brochetas e os @s nen@s os van colocando.
Por último pasamos un pincel con cola branca polas chuches para que duren máis, ainda que recordade que as cabazas ao cabo dun tempo empodrecen.
¡¡¡ E aquí estamos nós coa nosa cabaza!!!!!
No fondo podedes ver algunhas das que trouxeron das casas @s nen@s