Mostrando entradas con la etiqueta ANIMAIS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ANIMAIS. Mostrar todas las entradas

XOGA E APRENDE CON KIRIMA

A partires dun conto motivador no que a protagonista é a foca KIRIMA, faremos unha viaxe na que analizaremos diferentes aspectos: cambio climático, transporte e mobilidade sostida, árbores e consumo de papel, contaminación e consumo responsable, separación de residuos, hábitos saudables para o medio ambiente.
A foca KIRIMA busca solucións porque o seu hábitat está cambiando e a CLASE DAS FOCAS imos axudala.
Preme neste enlace para empezar a xogar. www.kirima.es/


LIBRO DAS FOCAS

Os nenos e nenas da clase das focas están aprendendo moitas cousas destes animais tan divertidos e queren compartir cos nós todas as cousas que saben. A profe Mª CARMEN fixo un novo libro LIM destes animais, así que pasadeo moi ben.

DEBUXAMOS DINOSAUROS

DEBUXANDO DINOSAUROS CON ACUARELAS on PhotoPeach
Un dos traballos que máis nos gustou facer é pintar ao noso amigo "CUELLI". Aquí deixamos estas creacións de dinosauros. Esperamos que pasades un rato moi bo con eles.

APRENDEMOS SOBRE DINOSAUROS

Nestes días recibimos unha gran sorpresa na clase dos DINOSAUROS.
Todo un experto no tema: Christian, o curmán de Carmela, fixo unha visita ao noso centro para informarnos de moitísimos detalles que descoñecíamos destes animais.
Ademais, para rematar, ensinounos como facer uns impresionantes dinosaurios de plastilina que quedaron chulísimos.
Neste video podedes ver como se desenvolveu a visita. Pasádeo ben nesta viaxe ao pasado!

VISITA DE GATOCAN

Na clase dos GATOS tivemos unha agradable visita: As amigas da Asociación Protectora de Animais GATOCAN.
Viñeron acompañadas de Xur e Bimba, dous cans cos que disfrutamos moitísimo.
Aproveitamos para facerlles un montón de preguntas sobre o tema que estamos a investigar.
Mirade os resultados dunha mañá fabulosa.

ACTIVIDADES DE GATOS

Estos días andamos moi axetreados na clase dos gatos!
Os papás e mamás están encantados de vir ao cole a crear xuntos manualidades moi divertidas e sinxelas de facer.
Que REQUETEBÉN o pasamos! Canto aprendimos!
Mirade unha mostra do que fixemos.
Click to play this Smilebox scrapbook


LIBRO LIM DAS TOUPAS

Os nenos e nenas da CLASE DAS TOUPAS xa poden xogar cun novo libro LIM sobre este animaliño tan simpático. Esperamos que vos guste e que o pasedes moi ben xogando con el.
  Preme na icona superior dereita para ver a pantalla completa.

LIBRO LIM DOS DINOSAUROS

Os nenos e nenas da CLASE DOS DINOSAUROS xa poden xogar cun novo libro LIM elaborado pola profe Mª Carmen. Esperamos que o pasedes moi ben. Preme na icona superior dereita para ver a pantalla completa.

O BUHO BOO


Na clase dos dinosaurios investigando e investigando... descubriron unha páxina estupenda de actividades educativas moi sinxeliñas, para que todos e todas poidamos aprender xogando co ordenador.
Picade no debuxo para acceder a ela.

PINGUS

Aquí tedes o libro LIM dos pingüíns para que poidades xogar coas vosas familias.
Esperamos que o pasedes moi ben!
Preme na icona superior para ver a pantalla completa.


O LIBRO DAS RAS

Este curso a CLASE DAS RAS aprendeu moitas cousas sobre estes animais. Se queredes coñecer algo máis destes animais aquí tedes un novo libro LIM co que poderedes pasar un rato moi divertido. Preme na icona superior dereita para velo máis grande.

O LIBRO DO CARACOL

Como os nenos e nenas da aula dos caracois remataron de estudar a vida destes simpáticos animais, a profe Maite elaborou un novo libro LIM para que podan xogar con el na súa casa e compartilo coas súas familias. Espero que disfrutedes moito con el.

Preme AQUÍ para velo máis grande

AS FORMIGAS RABIGAS

Se queredes aprender máis cousas sobre as formigas podedes facer estas actividades.

Se premes na icona superior esquerda podes velo en pantalla completa.