FESTA DO PEÓN

Somos unha panda de festeiros, e de novo estamos a celebrar. Nesta ocasión, día 11 de novembro, coa FESTA DO PEÓN E O MAGOSTO.

Xogamos en obradoiros cos nosos amigos e amigas:
- Fixemos carreiras con castañas
- Cosimos colares de zonchos
- Elaboramos un peón con material de refugallo
- Pintamos peóns para construir un mural
- Bailamos peóns moi diferentes

MIRADE canto nos divertimos:




DÍA DA CIENCIA

O día 4 de novembro celebramos a festa da CIENCIA EN GALEGO.
Destacamos como grandes CIENTÍFICOS E CIENTÍFICAS facendo impresionantes experimentos que deixaron abraiados a maiores e a pequenos.

Temos que probar a facelos na casa: MAMÁ, PAPÁ... PREGUNTÁDENOS POR ELES e pasmade despois!

Aquí tedes unha mostra do que fixemos.

FESTA DO SAMAÍN

O día 28 de outubro celebramos o SAMAÍN facendo moitas cabazas terroríficas con axuda de mamá e papá; tamén contáronnos contos de medo e bailamos e cantamos cancións HORRIBLES e ESPANTOSAS.
¿Queredes ver canto nos divertimos e que pouquichiño nos asustamos?
Aquí tedes unha pequena mostra!