Mostrando entradas con la etiqueta MAITE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MAITE. Mostrar todas las entradas

LIBRO LIM XOGANDO COA CLASE DAS FOCAS

Os nenos e nenas da CLASE DAS FOCAS xa coñecen moi ben os seus nomes e xa  poden xogar con este novo LIBRO LIM dos seus nomes. Esperamos que disfrutedes con el.


UNHA ESTUPENDA CLASE DE EDUCACIÓN VIAL

Estes días estivo con nós na escola a nosa nova amiga SILVIA, policía local, que nos explicou moitas cousas de educación vial. Despois de ensinarnos uns videos e de explicarnos cal era o seu traballo e como tiñamos que facer para camiñar polas beirarrúas, como cruzar polos pasos de peóns e polos semáforos e moitas cousas máis saímos dar unha volta pola contorna da nosa escola que se encheu de moitísimos policías locais.
Mirade que ben o pasamos!!!.
Moitísimas grazas SILVIA e esperamos que volvas o próximo curso.

VISITA DOS ALFAREIROS

Un ano máis polo mes de maio volven ao noso colexio os alfareiros de BUÑO  a ensinarnos o seu oficio. Que ben o pasamos!!! Aquí tedes unha mostra do que fixemos. Esperamos que disfrutedes tanto coma o fixemos nós.

O ENTROIDO NO SANJURJO

Aínda que un pouco tarde aquí tedes unha pequena mostra do que fixemos neste Entroido. Esperamos que disfrutedes moito con elas.

Click to play this Smilebox slideshow

BO NADAL!

Con esta pequena mostra de agarimo, desexámosvos a todos e todas...
UN FELICÍSIMO NADAL!
Click to play this Smilebox greeting

ACTIVIDADES DE OUTONO

Este trimestre veu cargadiño de actividades.
NON PARAMOS!
Nesta presentación podedes ver un resumo de todos os obradoiros que desenvolvemos nas nosas clases.
Pasádeo ben botándolle unha ollada!

Click to play this Smilebox scrapbook

LIBRO LIM DAS TOUPAS

Os nenos e nenas da CLASE DAS TOUPAS xa poden xogar cun novo libro LIM sobre este animaliño tan simpático. Esperamos que vos guste e que o pasedes moi ben xogando con el.
  Preme na icona superior dereita para ver a pantalla completa.

XOGANDO COA CLASE DOS LOBOS

Queredes coñecer mellor aos nenos e nenas da aula dos LOBOS? Pois aquí tedes un novo libro Lim co que podedes xogar. Espero que o pasedes moi ben. Clica na icona superior dereita da pantalla para empezar a xogar.

XOGAMOS COS ALIMENTOS?


preme AQUÍ para velo máis grande

O LIBRO DAS ÁRBORES

Queredes aprender máis sobre as árbores? Pois mirade este libro que vos preparou a profe Maite.


Preme na icona superior dereita para velo máis grande

OS OFICIOS

A profe Maite preparounos unhas actividades "chulísimas" para ensinarnos os oficios do noso barrio. Se queredes podédelas facer, premede a icona superior esquerda para velo máis grande.


AS FORMIGAS RABIGAS

Se queredes aprender máis cousas sobre as formigas podedes facer estas actividades.

Se premes na icona superior esquerda podes velo en pantalla completa.