O BUHO BOO


Na clase dos dinosaurios investigando e investigando... descubriron unha páxina estupenda de actividades educativas moi sinxeliñas, para que todos e todas poidamos aprender xogando co ordenador.
Picade no debuxo para acceder a ela.

IMITANDO A ARCIMBOLDO

Con este trimestre finalizado... Podemos amosar os nosos novos traballos!
Na clase dos lobos seguimos descubrindo novas formas de retratarnos. Aproveitamos a chegada da primavera para coñecer a Arcimboldo e os seus cadros cheos de froitas e verduras.
Aprendimos a pintar con tiza mollada... A facer collages... e a vernizar. QUE BEN O PASAMOS!
Mirade estos magníficos resultados!




VISITA Á BIBLIOTECA

Por fin os lobos e lobas saímos a dar un paseo polo barrio! Iso significa que xa somos moi maiores!
Acompañáronnos a avoa de Martiño, o papá de Xiana, e as mamás de Roi, Anxo, Elsa e Nawel... ademais das profes, claro!
Fomos andando ata a biblioteca municipal a coñecer ao paxariño Olé que convidáranos a ver a súa casiña chea de divertidísimos libros.
Que ben o pasamos!
Queredes velo?
Pois MIRADE...

Click to play this Smilebox scrapbook