CARACOL CON FOLLA

Caracol con folla: idea para facer no outono

Navegando por Internet vin esta idea que me encantou para facela na aula de 3 anos, xa que os materiais son sinxelos de conseguir e as técnicas son moi adecuadas para os nen@s de 3 anos.

Utilizamos:
- unha folla de árbore, a ser posible moi grande.
- unha cartolina, tamaño folio.
- plastilina verde, amarela e un anaquiño doutra cor.
- unha castaña ou a metade da casca dunha noz.
- pegamento.
- cola branca.
Aproveitando que no outono sempre recollemos follas das árbores do patio ou lles pedimos que traían follas que recolleron cos seus pais, separar as máis grandes e adecuadas para a actividade a realizar. Colocalas entre follas de xornais, para que sequen, e poñerlles enriba cousas que pesen. Deixar uns días.
Cando as follas estiveron secas cada nen@ elexiu unha e pegouna na cartolina. Para conservala mellor dímoslle unha capa de cola branca.
@s nen@s coa axuda das profes fixeron un churro gordo e grande de plastilina verde, dous churros pequenos e finos de plastilina branca e dúas boliñas pequenas dunha cor distinta.
Da súa casa trouxeron ou ben unha castaña ou unha metade de casca de noz.
¡ E asi confeccionamos o caracol.!


Coa axuda dun pauciño dos dentes fixemoslle a boca, eles elexiron se o querían sonrinte ou triste.
Por último dímoslle ao caracol unha capa de cola branca e o deixamos secar antes de facer o que levaban días desexando facer: LEVAR O CARACOL PARA A SÚA CASA.

A VENDIMA

OS OFICIOS

A profe Maite preparounos unhas actividades "chulísimas" para ensinarnos os oficios do noso barrio. Se queredes podédelas facer, premede a icona superior esquerda para velo máis grande.


AS FORMIGAS RABIGAS

Se queredes aprender máis cousas sobre as formigas podedes facer estas actividades.

Se premes na icona superior esquerda podes velo en pantalla completa.