CARACOL CON FOLLA

Caracol con folla: idea para facer no outono

Navegando por Internet vin esta idea que me encantou para facela na aula de 3 anos, xa que os materiais son sinxelos de conseguir e as técnicas son moi adecuadas para os nen@s de 3 anos.

Utilizamos:
- unha folla de árbore, a ser posible moi grande.
- unha cartolina, tamaño folio.
- plastilina verde, amarela e un anaquiño doutra cor.
- unha castaña ou a metade da casca dunha noz.
- pegamento.
- cola branca.
Aproveitando que no outono sempre recollemos follas das árbores do patio ou lles pedimos que traían follas que recolleron cos seus pais, separar as máis grandes e adecuadas para a actividade a realizar. Colocalas entre follas de xornais, para que sequen, e poñerlles enriba cousas que pesen. Deixar uns días.
Cando as follas estiveron secas cada nen@ elexiu unha e pegouna na cartolina. Para conservala mellor dímoslle unha capa de cola branca.
@s nen@s coa axuda das profes fixeron un churro gordo e grande de plastilina verde, dous churros pequenos e finos de plastilina branca e dúas boliñas pequenas dunha cor distinta.
Da súa casa trouxeron ou ben unha castaña ou unha metade de casca de noz.
¡ E asi confeccionamos o caracol.!


Coa axuda dun pauciño dos dentes fixemoslle a boca, eles elexiron se o querían sonrinte ou triste.
Por último dímoslle ao caracol unha capa de cola branca e o deixamos secar antes de facer o que levaban días desexando facer: LEVAR O CARACOL PARA A SÚA CASA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario