Mostrando entradas con la etiqueta ANA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ANA. Mostrar todas las entradas

TEATRO CONSONANT

O día 22 de febreiro os nenos e nenas da clase dos GATOS e da clase dos CASTELOS foron ao teatro do FÓRUM METROPOLITANO a ver unha obra titulada CONSONANT.
CONSONANT é o libro favorito de Paula. Unha vez máis disponse a lelo pero a súa irmá Aina vaillo poñer realmente difícil porque o único que quere é xogar con ela. A través da lectura do libro e coa axuda da imaxinación, as irmás viaxan a un mundo fantástico onde as letras toman vida e se transforman para abrir as portas dun xogo sorprendente. Deixamos tamén un enlace no que podedes ver un anaco do que aconteceu no teatro.


 Gustounos moito o que vimos e os CABALEIROS e as DAMAS fixeron unhas acuarelas coas que esperamos que disfrutedes.


.

O ENTROIDO NO SANJURJO

Aínda que un pouco tarde aquí tedes unha pequena mostra do que fixemos neste Entroido. Esperamos que disfrutedes moito con elas.

Click to play this Smilebox slideshow

BO NADAL!

Con esta pequena mostra de agarimo, desexámosvos a todos e todas...
UN FELICÍSIMO NADAL!
Click to play this Smilebox greeting

ACTIVIDADES DE OUTONO

Este trimestre veu cargadiño de actividades.
NON PARAMOS!
Nesta presentación podedes ver un resumo de todos os obradoiros que desenvolvemos nas nosas clases.
Pasádeo ben botándolle unha ollada!

Click to play this Smilebox scrapbook

FESTA DO MAGOSTO E O PEÓN

Como cada ano, conmemoramos no noso cole, as festas de outono, adicando un día á tradición a través de xogos con castañas e peóns.
Participamos todo o centro, divertíndonos en obradoiros de xogo con mamás e papás, amigos e amigas, e coma sempre... as profes!
Mirade que caras tan felices temos!
Pasámolo PIPA!

VISITA DE GATOCAN

Na clase dos GATOS tivemos unha agradable visita: As amigas da Asociación Protectora de Animais GATOCAN.
Viñeron acompañadas de Xur e Bimba, dous cans cos que disfrutamos moitísimo.
Aproveitamos para facerlles un montón de preguntas sobre o tema que estamos a investigar.
Mirade os resultados dunha mañá fabulosa.

ACTIVIDADES DE GATOS

Estos días andamos moi axetreados na clase dos gatos!
Os papás e mamás están encantados de vir ao cole a crear xuntos manualidades moi divertidas e sinxelas de facer.
Que REQUETEBÉN o pasamos! Canto aprendimos!
Mirade unha mostra do que fixemos.
Click to play this Smilebox scrapbook


A CLASE DOS GATOS

Ola a todos e todas!
Este curso, en 5º de educación infantil, renomeámonos como "a clase dos GATOS", porque somos SIXILOSOS, INTELIXENTES, ÁXILES...
Alguén da máis?

Click to play this Smilebox greeting

PICASSOHEAD

Xa sabedes que na clase dos lobos estamos inmersos nos retratos cubistas. Adicámonos a deconstruir as nosas imaxes e tamén as alleas.
Para practicar a debuxar como Picasso, aquí deixamos unha páxina moi interesante para xogar on line.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Como parte da celebración da  Festa das Letras Galegas, fixemos un día de actividades compartidas entre os alumnos e alumnas de educación infantil e primaria.
Neste vídeo tedes unha mostra do ben que o fixemos.
¿A que somos moi maiores, divertidos e responsables?
E... ¡qué gusto da vernos!

XOGANDO COA CLASE DOS LOBOS

Queredes coñecer mellor aos nenos e nenas da aula dos LOBOS? Pois aquí tedes un novo libro Lim co que podedes xogar. Espero que o pasedes moi ben. Clica na icona superior dereita da pantalla para empezar a xogar.

COÑECENDO A PICASSO

Merce, a mamá de Martiño, é unha gran admiradora de PICASSO, así que veu ao cole para contarnos un conto chamado "O neno que mordeu a Picasso" e así poder coñecer un pouquiño mellor a este pintor que tanto nos estrana e nos gusta.
Fixemos moitos experimentos e pasámolo moi, moi ben.
Aquí tedes unha mostra do entretidos que estivemos.

UN VALENTÍN "PICASSIANO"

Na clase dos lobos seguimos a investigar nos retratos.
Agora mesmo estamos inmersos no CUBISMO e aprendendo moito sobre PICASSO.
Co gallo da Semana das Letras Galegas, adicámonos a colorear, recortar e convertir en quebracabezas diferentes retratos de Valentín Paz Andrade.
Ademirade que incribles resultados!
Gústannos moitísimo!

ALFAROLEIROS

Seguimos a celebrar nesta semana adicada ás Letras Galegas.
Visitáronnos, como cada ano, os nosos amigos oleiros, para facernos pasar unha mañá pringosa e divertida!
Mirade que PROFESIONAIS se nos ve coas mans na masa!


DÍA DE VOTACIÓNS

O venres, 11 de maio, foi un día moi importante na clase dos lobos: exercimos a nosa PRIMEIRA VOTACIÓN DEMOCRÁTICA!
Tiñamos Presidente e Secretaria de mesa electoral, cubrimos as actas oficiais e depositamos o noso voto segredo na urna.
Eran tantas as verbas fermosísimas que coñecíamos en galego...! pero só podía gañar unha delas, e esta foi... OLLOS!
Aquí tedes unha mostra dun momento tan importante:

IMITANDO A ARCIMBOLDO

Con este trimestre finalizado... Podemos amosar os nosos novos traballos!
Na clase dos lobos seguimos descubrindo novas formas de retratarnos. Aproveitamos a chegada da primavera para coñecer a Arcimboldo e os seus cadros cheos de froitas e verduras.
Aprendimos a pintar con tiza mollada... A facer collages... e a vernizar. QUE BEN O PASAMOS!
Mirade estos magníficos resultados!




VISITA Á BIBLIOTECA

Por fin os lobos e lobas saímos a dar un paseo polo barrio! Iso significa que xa somos moi maiores!
Acompañáronnos a avoa de Martiño, o papá de Xiana, e as mamás de Roi, Anxo, Elsa e Nawel... ademais das profes, claro!
Fomos andando ata a biblioteca municipal a coñecer ao paxariño Olé que convidáranos a ver a súa casiña chea de divertidísimos libros.
Que ben o pasamos!
Queredes velo?
Pois MIRADE...

Click to play this Smilebox scrapbook

PINTANDO GIOCONDAS

Vaia trimestre! Canto traballo!
Na clase dos lobos andivemos inmersos no descubrimento da Gioconda de Leonardo da Vinci, para aprender a pintar retratos.
Levounos moito tempo... Pintar en caballete e con pincel... É MOI DIFÍCIL!
Pero... mirade que brilantes, incribles e espléndidos resultados!

MANDADIÑO

Na clase dos lobos pasámolo moi ben este entroido, adiviñando cada día o que nos mandaba o MANDADIÑO e facéndolle moito caso.

Aquí estamos despois de toda unha semana de engadir mandados.


ENTROIDO

Este ano, a pintura inundou o noso cole, as nosas aulas e as nosas festas!
No Entroido houbo pintores e pintoras de todo tipo: desde a prehistoria ata a actualidade.
Bailamos, cantamos, comemos... Pasámolo en grande!
Mirade! Disfrutádeo!