DÍA DE VOTACIÓNS

O venres, 11 de maio, foi un día moi importante na clase dos lobos: exercimos a nosa PRIMEIRA VOTACIÓN DEMOCRÁTICA!
Tiñamos Presidente e Secretaria de mesa electoral, cubrimos as actas oficiais e depositamos o noso voto segredo na urna.
Eran tantas as verbas fermosísimas que coñecíamos en galego...! pero só podía gañar unha delas, e esta foi... OLLOS!
Aquí tedes unha mostra dun momento tan importante: