Mostrando entradas con la etiqueta LUCÍA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LUCÍA. Mostrar todas las entradas

UNHA ESTUPENDA CLASE DE EDUCACIÓN VIAL

Estes días estivo con nós na escola a nosa nova amiga SILVIA, policía local, que nos explicou moitas cousas de educación vial. Despois de ensinarnos uns videos e de explicarnos cal era o seu traballo e como tiñamos que facer para camiñar polas beirarrúas, como cruzar polos pasos de peóns e polos semáforos e moitas cousas máis saímos dar unha volta pola contorna da nosa escola que se encheu de moitísimos policías locais.
Mirade que ben o pasamos!!!.
Moitísimas grazas SILVIA e esperamos que volvas o próximo curso.

VISITA DOS ALFAREIROS

Un ano máis polo mes de maio volven ao noso colexio os alfareiros de BUÑO  a ensinarnos o seu oficio. Que ben o pasamos!!! Aquí tedes unha mostra do que fixemos. Esperamos que disfrutedes tanto coma o fixemos nós.

LIBRO LIM DO CORPO HUMANO

Os amigos e amigas da clase dos Gatos están moi atarefados estudando o CORPO HUMANO. Xa saben moitísimas sousas deste tema. Queredes xogar un pouco con eles? Pois aquí tedes un novo libro LIM feito pola profe LUCÍA. Noraboa polo traballo e que pasedes un bo rato xogando.