Mostrando entradas con la etiqueta CURSO 12-13. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CURSO 12-13. Mostrar todas las entradas

OS ÚLTIMOS ANIVERSARIOS DESTE CURSO

Os nosos amigos Óscar e Aldara
da clase das focas
xa cumpliron 4 anos estes días.
FELICIDADES!!! 
E xa sabedes: o próximo mes de setembro vémonos de novo.
Gozade do tempo de verán!!!


This thank you customized with Smilebox
Personalize your own invitation card

CONTINUAMOS TENDO MÁIS ANIVERSARIOS

Os nosos amigos JUAN e MARÍA da clase das focas están de noraboa porque acaban de cumplir 4 anos. Pasamos uns momentos moi bos con eles e agasalláronnos cuns doces moi ricos.
Moitas grazas e FELICIDADES!!!


Create your own free digital greeting
Click to play this Smilebox invite
Invitation created with Smilebox

O NACEMENTO DE PAKIÑA

Os nenos e nenas da clase dos dinosauros son uns verdadeiros artistas e fixeron un conto sobre o nacemento dunha estrela a que chamaron PAKIÑA, si escrita con K, e o queren compartir con todos nós. Esperamos que gocedes con el.

SEGUIMOS MEDRANDO E CUMPLINDO ANOS

Como se nota que o curso está a piques de rematar e nós tamén imos medrando e cumprindo anos. Esta vez é a nosa amiga  LENA  da  clase das focas  a que está de noraboa xa que o sábado cumpríu
 4 anos. PARABÉNS!!!!

UN NOVO ANIVERSARIO

O noso amigo MARTÍN SEOANE da clase das focas está de noraboa porque hoxe cumplíu 4 anos. Mirade que contento está.

LIBRO LIM DO SOL

Xa estamos rematando o curso e os nenos e nenas da CLASE DAS FOCAS están co seu último proxecto deste curso no que están estudando O SOL.
Queredes xogar con nós a este novo LIBRO LIM que nos preparou a profe Mª Carmen?
Adiante e a pasalo moi ben.

LIBRO LIM XOGANDO COA CLASE DAS FOCAS

Os nenos e nenas da CLASE DAS FOCAS xa coñecen moi ben os seus nomes e xa  poden xogar con este novo LIBRO LIM dos seus nomes. Esperamos que disfrutedes con el.


LIBRO LIM HAI CASTELOS EN MOITOS SITIOS

Estamos de sorte porque na clase dos DINOSAUROS están estudando un novo proxecto titulado "OS CASTELOS" e a profe Mª JOSÉ elaborou un un novo libro LIM co que poderedes aprender moitas cousas.

Letras Galegas 2013

O grupo de 6º E.I. co gallo do Día das Letras Galegas 2013 cantáronnos unha canción adicada ao escritor Roberto Vidal Bolaño. A canción podédela escoitar de seguido no vídeo que vos mostramos:


A PRINCESA TRAVIESA. UN CONTO PARA DISFRUTAR.

Os nenos e nenas da CLASE DOS DINOSAUROS tamén investigaron sobre o tema dos CASTELOS e traballaron moito nas súas casas coas súas familias; fixeron castelos con materiais de refugallo, figuras de plastilina dun rei e a súa raíña, unha princesa, o cabaleiro, o bufón... Ata fixeron unha carroza e unha tarta con forma de castelo, QUE RICA ESTABA!!! Con todo isto imaxinaron unha historia que queren compartir con todos nós. Esperamos que vos divirtades con este contiño dunha princesa moi pero que moi traviesa.

UNHA ESTUPENDA CLASE DE EDUCACIÓN VIAL

Estes días estivo con nós na escola a nosa nova amiga SILVIA, policía local, que nos explicou moitas cousas de educación vial. Despois de ensinarnos uns videos e de explicarnos cal era o seu traballo e como tiñamos que facer para camiñar polas beirarrúas, como cruzar polos pasos de peóns e polos semáforos e moitas cousas máis saímos dar unha volta pola contorna da nosa escola que se encheu de moitísimos policías locais.
Mirade que ben o pasamos!!!.
Moitísimas grazas SILVIA e esperamos que volvas o próximo curso.

VISITA DOS ALFAREIROS

Un ano máis polo mes de maio volven ao noso colexio os alfareiros de BUÑO  a ensinarnos o seu oficio. Que ben o pasamos!!! Aquí tedes unha mostra do que fixemos. Esperamos que disfrutedes tanto coma o fixemos nós.

ANIVERSARIO DE ASIER

O noso amigo ASIER da clase das FOCAS xa cumplíu 4 ANOS e como podedes ver está moi ledo. Parabéns!!! Premede na flecha para ver o que ocorre.
Click to play this Smilebox invite

TEATRO CONSONANT

O día 22 de febreiro os nenos e nenas da clase dos GATOS e da clase dos CASTELOS foron ao teatro do FÓRUM METROPOLITANO a ver unha obra titulada CONSONANT.
CONSONANT é o libro favorito de Paula. Unha vez máis disponse a lelo pero a súa irmá Aina vaillo poñer realmente difícil porque o único que quere é xogar con ela. A través da lectura do libro e coa axuda da imaxinación, as irmás viaxan a un mundo fantástico onde as letras toman vida e se transforman para abrir as portas dun xogo sorprendente. Deixamos tamén un enlace no que podedes ver un anaco do que aconteceu no teatro.


 Gustounos moito o que vimos e os CABALEIROS e as DAMAS fixeron unhas acuarelas coas que esperamos que disfrutedes.


.

XOGA E APRENDE CON KIRIMA

A partires dun conto motivador no que a protagonista é a foca KIRIMA, faremos unha viaxe na que analizaremos diferentes aspectos: cambio climático, transporte e mobilidade sostida, árbores e consumo de papel, contaminación e consumo responsable, separación de residuos, hábitos saudables para o medio ambiente.
A foca KIRIMA busca solucións porque o seu hábitat está cambiando e a CLASE DAS FOCAS imos axudala.
Preme neste enlace para empezar a xogar. www.kirima.es/


NOVO ANIVERSARIO NA CLASE DAS FOCAS

Estamos de novo moi contentos e contentas na clase das FOCAS porque a nosa amiga LAURA xa cumpríu CATRO anos. NORABOA!!!

LIBRO DAS FOCAS

Os nenos e nenas da clase das focas están aprendendo moitas cousas destes animais tan divertidos e queren compartir cos nós todas as cousas que saben. A profe Mª CARMEN fixo un novo libro LIM destes animais, así que pasadeo moi ben.

LIBRO LIM DO CORPO HUMANO

Os amigos e amigas da clase dos Gatos están moi atarefados estudando o CORPO HUMANO. Xa saben moitísimas sousas deste tema. Queredes xogar un pouco con eles? Pois aquí tedes un novo libro LIM feito pola profe LUCÍA. Noraboa polo traballo e que pasedes un bo rato xogando.


O ENTROIDO NO SANJURJO

Aínda que un pouco tarde aquí tedes unha pequena mostra do que fixemos neste Entroido. Esperamos que disfrutedes moito con elas.

Click to play this Smilebox slideshow

E SEGUIMOS COS ANIVERSARIOS

Desta volta é a nosa amiga AMARA a que xa cumplíu 4 anos. Parabéns de todos os teus amigos e amigas.
Click to play this Smilebox invite