TEATRO CONSONANT

O día 22 de febreiro os nenos e nenas da clase dos GATOS e da clase dos CASTELOS foron ao teatro do FÓRUM METROPOLITANO a ver unha obra titulada CONSONANT.
CONSONANT é o libro favorito de Paula. Unha vez máis disponse a lelo pero a súa irmá Aina vaillo poñer realmente difícil porque o único que quere é xogar con ela. A través da lectura do libro e coa axuda da imaxinación, as irmás viaxan a un mundo fantástico onde as letras toman vida e se transforman para abrir as portas dun xogo sorprendente. Deixamos tamén un enlace no que podedes ver un anaco do que aconteceu no teatro.


 Gustounos moito o que vimos e os CABALEIROS e as DAMAS fixeron unhas acuarelas coas que esperamos que disfrutedes.


.

No hay comentarios:

Publicar un comentario