PINTANDO GIOCONDAS

Vaia trimestre! Canto traballo!
Na clase dos lobos andivemos inmersos no descubrimento da Gioconda de Leonardo da Vinci, para aprender a pintar retratos.
Levounos moito tempo... Pintar en caballete e con pincel... É MOI DIFÍCIL!
Pero... mirade que brilantes, incribles e espléndidos resultados!

MANDADIÑO

Na clase dos lobos pasámolo moi ben este entroido, adiviñando cada día o que nos mandaba o MANDADIÑO e facéndolle moito caso.

Aquí estamos despois de toda unha semana de engadir mandados.


ENTROIDO

Este ano, a pintura inundou o noso cole, as nosas aulas e as nosas festas!
No Entroido houbo pintores e pintoras de todo tipo: desde a prehistoria ata a actualidade.
Bailamos, cantamos, comemos... Pasámolo en grande!
Mirade! Disfrutádeo!

DÍA DA PAZ

Este ano xuntámonos á proposta do pintor Matt Lamb que pretende levar mensaxes de paz, tolerancia, solidaridade e esperanza para toda a humanidade a través do proxecto:
"¿Pode a arte cambiar o mundo? ABSOLUTAMENTE!"
Xunto con outras escolas e colexios do mundo, creamos paraugas, con material de refugallo, que simbolizasen a desexada paz mundial.
Aquí tedes unha mostra da nosa conmemoración: