LIBRO LIM DAS TOUPAS

Os nenos e nenas da CLASE DAS TOUPAS xa poden xogar cun novo libro LIM sobre este animaliño tan simpático. Esperamos que vos guste e que o pasedes moi ben xogando con el.
  Preme na icona superior dereita para ver a pantalla completa.

LIBRO LIM DOS DINOSAUROS

Os nenos e nenas da CLASE DOS DINOSAUROS xa poden xogar cun novo libro LIM elaborado pola profe Mª Carmen. Esperamos que o pasedes moi ben. Preme na icona superior dereita para ver a pantalla completa.

XOGANDO COA CLASE DOS LOBOS

Queredes coñecer mellor aos nenos e nenas da aula dos LOBOS? Pois aquí tedes un novo libro Lim co que podedes xogar. Espero que o pasedes moi ben. Clica na icona superior dereita da pantalla para empezar a xogar.

COÑECENDO A PICASSO

Merce, a mamá de Martiño, é unha gran admiradora de PICASSO, así que veu ao cole para contarnos un conto chamado "O neno que mordeu a Picasso" e así poder coñecer un pouquiño mellor a este pintor que tanto nos estrana e nos gusta.
Fixemos moitos experimentos e pasámolo moi, moi ben.
Aquí tedes unha mostra do entretidos que estivemos.

UN VALENTÍN "PICASSIANO"

Na clase dos lobos seguimos a investigar nos retratos.
Agora mesmo estamos inmersos no CUBISMO e aprendendo moito sobre PICASSO.
Co gallo da Semana das Letras Galegas, adicámonos a colorear, recortar e convertir en quebracabezas diferentes retratos de Valentín Paz Andrade.
Ademirade que incribles resultados!
Gústannos moitísimo!

ALFAROLEIROS

Seguimos a celebrar nesta semana adicada ás Letras Galegas.
Visitáronnos, como cada ano, os nosos amigos oleiros, para facernos pasar unha mañá pringosa e divertida!
Mirade que PROFESIONAIS se nos ve coas mans na masa!


DÍA DE VOTACIÓNS

O venres, 11 de maio, foi un día moi importante na clase dos lobos: exercimos a nosa PRIMEIRA VOTACIÓN DEMOCRÁTICA!
Tiñamos Presidente e Secretaria de mesa electoral, cubrimos as actas oficiais e depositamos o noso voto segredo na urna.
Eran tantas as verbas fermosísimas que coñecíamos en galego...! pero só podía gañar unha delas, e esta foi... OLLOS!
Aquí tedes unha mostra dun momento tan importante: